FOTOGRAFÍA AMATEUR ‘TRABALLOS E MULLERES’




3er premio: "Traballadora do Campo" de Iago Manoel Souto Lorenzo


O Concello de Viveiro entregará o próximo sábado, día 26 de marzo, os premios do concurso de fotografía amateur “Mulleres e Traballos” e o de debuxo escolar “Mamá traballadora”, ambos convocados pola delegación municipal de Muller e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Viveiro con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller. Será as 13:00 horas na sala multiusos do concello.



1er premio "Muller galega, traballo e tempo" de Sandra López López

 

No concurso de fotografía amateur ‘Mulleres e Traballos” formaron parte do xurado José María Álvez (fotógrafo de El Progreso), Pepa Losada (fotógrafa de La Voz de Galicia), Saúl Jiménez (fotógrafo Carlos Fotógrafos) e Toño Goás (fotógrafo de Toño Goás – Entrefotos) resultando premiados:

 

- 1º PREMIO, dotado con 300,00 €, para a fotografía “MULLER GALEGA, TRABALLO E TEMPO” da autora SANDRA LÓPEZ LÓPEZ

 

- 2º PREMIO, dotado con 150,00 €, para a fotografía “AL TAJO” da autora REYES CERDÁ MIRA

 

- 3º PREMIO, dotado con 100,00 €, para a fotografía “TRABALLADORA DO CAMPO” do autor IAGO MANOEL SOUTO LORENZO


2º premio: ""Al tajo" de Reyes Cerdá Mira


Comentarios

Entradas populares de este blog

Los Estilos Urbanos Llegan a la Programación del +XTÍ en Lugo

Madrid rinde homenaje al arquitecto gallego Antonio Palacios con el respaldo de la Xunta en una exposición que destaca su legado universal.

Fiesta del Cine 2023