A Xunta impulsa la Galicia Litoral y los Caminos del Mar

 


A XUNTA IMPULSA O TURISMO NÁUTICO COMO MODELO DE PROMOCIÓN DA GALICIA LITORAL E DOS CAMIÑOS DO MAR


      O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe co presidente da Asociación de Náuticos de Galicia (Asnauga), Javier Ruíz de Cortázar, un convenio para a promoción e comercialización do turismo náutico

      Alfonso Rueda destacou as potencialidades do turismo náutico galego, que medrou un 40% nos últimos dez anos e que lidera o turismo de calidade e sustentabilidade que tan bo resultado está a dar na comunidade autónoma


Por do Son (A Coruña), 25 de abril de 2022.- O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou esta mañá co presidente da Asociación de Náuticos de Galicia, Javier Ruíz de Cortázar, un convenio de colaboración para a promoción e comercialización do turismo náutico en Galicia, modelo polo que aposta o Goberno galego para a promoción da Galicia litoral e dos Camiños do Mar.

Alfonso Rueda destacou que se o turismo náutico xa era unha potencia antes da pandemia, cun incremento dun 40% no número de embarcacións nos últimos dez anos, agora o será aínda con máis pulo porque demostrou que se axusta ao modelo de turismo de calidade, seguro e sustentable que buscan os turistas do século XXI e que tan bos resultados está a dar na comunidade. “A Galicia agárdanlle grandes proezas no turismo náutico”, dixo o vicepresidente primeiro.

A Xunta leva feito nos últimos anos unha forte inversión na promoción do turismo náutico, sobre todo coa chegada do Xacobeo, e o seguirá facendo nos vindeiros da man dos fondos europeos e dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino, nos que a náutica ten un papel destacado.

Nese obxectivo encadra o convenio asinado hoxe con Asnauga, entidade que traballa no impulso do turismo náutico e na promoción das peregrinacións marítimas. A raíz do acordo, a Xunta, a través de Turismo de Galicia, aporta un total de 80.000 euros para a valorización do patrimonio cultural e náutico, tanto material como inmaterial, o desenvolvemento do turismo costeiro e a promoción internacional de Galicia como destino náutico e natural de costa.

O acordo permitirá consolidar a implantación de certificados de calidade, dixitalizar e aplicar novas tecnoloxías coa finalidade de mellorar a captación de novos turistas en Europa con destino a Galicia a través do turismo náutico, así como dispoñer de ferramentas dixitais que permitan unha mellor xestión dos seus recursos e das súas instalacións. Asnauga, ademais, comprométese a promocionar a rede de instalacións náutico deportivas dos Camiños do Mar e a formar ao persoal dos clubs náuticos en novas tecnoloxías e en xestión turística.

Alfonso Rueda puxe en valor o traballo feito por Asnauga na promoción das peregrinacións marítimas e destacou o impacto que para o turismo galego ten a Travesía Náutica Xacobea, unha iniciativa que este ano fará da ruta xacobea por mar unha singradura internacional que partirá do porto andaluz de Barbate para chegar a Galicia logo de atravesar Portugal e que está promovida por dita asociación en colaboración coa Xunta de Galicia, a través de Portos de Galicia, e coa Junta de Andalucía.

Respecto desta peregrinación por mar que se vai realizar entre o 28 de maio e o 13 de xuño, Alfonso Rueda subliñou que, se ben habitualmente se asocia ao peregrino co camiñante, “o primeiro peregrino, o que lle dá sentido ao Xacobeo, segundo as lendas chegou a Galicia por mar: foi o Apóstolo Santiago, e as rutas marítimas son as que mellor rememoran ese itinerario histórico”.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Comenzó la Running for Ourense 2023 con seis carreras por los barrios de la ciudad y un trail inédito de Oira a San Tomé

El CELGA da un paso adelante en su proceso de evaluación: Las pruebas se realizarán en Santiago y Ponferrada de forma simultánea a partir del 13 de mayo.

El regreso de Cabos Sotos: Una oportunidad para resolver dudas sobre la escena musical de la ciudad y mostrar las actividades artísticas locales.