Se celebra la carrera Camovi 2022 en Viveiro

 


O CONCELLO DE VIVEIRO CELEBRA O ÉXITO DA CAMOVI, CON MÁIS DE 1.200 PARTICIPANTES E NUMEROSO PÚBLICO

 

O Concello de Viveiro celebra o éxito da Camovi 2022, que congregou esta pasada fin de semana a máis de 1.200 participantes e numeroso público nos montes polos que transcurriu a proba.

“Foi un éxito, houbo moita participación e moita xente en Viveiro, quero agradecer o gran traballo da organización e dos voluntarios e voluntarias, que estiveron toda a fin de semana axudando para que todo saíra ben", manifestou a alcaldesa, María Loureiro.

Nesta edición, a Camovi foi o Campionato de España de Carreiras por Montaña Individual e de Seleccións Autonómicas, dando desta maneira a proba un novo paso na súa proxección nacional, e incluiu unha emotiva homenaxe a Ramón Blanco.

“É moi satisfactorio ver como cada ano medra unha proba, a Camovi, que asegura que o respecto ás persoas, ao medio ambiente, a equidade, a axuda mutua e a solidariedade son o espíritu no que se basa a organización da mesma”, engadiu a alcaldesa.

En palabras de María Loureiro, “esta proba comezou sendo unha iniciativa entre amigos e agora xa é unha referencia internacional, cunha fantástica proba tamén para os nenos, a Camovi Kids”.

“A Camovi é ademais unha fantástica maneira de que milleiros de persoas coñezan a beleza dos nosos montes e da natureza que rodea Viveiro, uns paraxes únicos que os que participan na proba puideron disfrutar de primeira man”, rematou.





Comentarios

Entradas populares de este blog

El CELGA da un paso adelante en su proceso de evaluación: Las pruebas se realizarán en Santiago y Ponferrada de forma simultánea a partir del 13 de mayo.

Comenzó la Running for Ourense 2023 con seis carreras por los barrios de la ciudad y un trail inédito de Oira a San Tomé

Seis planes para disfrutar con niños en Vigo los días de lluvia