Llega el XXXII Triatlon a Oleiros (A Coruña)
O sábado celébrase o XXXII Tríatlon Concello de Oleiros coa participación de 200 deportistas
O
vindeiro sábado 28 de maio celébrase o XXXII Tríatlon Concello de Oleiros, no
que competirán 200 deportistas das categorías júnior, xuvenil, sub 23,
absoluto, veterano 1, veterano 2 e veterano 3. A proba celebrarase en Mera e
comezará ás 16:00 h.
Para todas as categorías a distancia será de 750 m
de natación, 21 km de bicicleta e 5,5 km de carreira a pé. A natación terá a
súa saída (ás 16:00 horas) na praia de Santa Ana, con chegada á praia de Mera.
A meta estará situada no parque da Lagoa de Mera.
Para o desenvolvemento da proba, a estrada xeral de
acceso a Mera (AC-173) permanecerá pechada entre as 16:00 e as 18:00 horas
–aproximadamente- desde a intersección de Lourido ata o parque da Lagoa. Os
vehículos que queiran dirixirse a Mera poderán facelo a través da vía Ártabra.
Comentarios
Publicar un comentario