As praias de Covas y Areas se ganan un distintivo de calidad.
O CONCELLO DE VIVEIRO RECOLLE O DISTINTIVO Q DE CALIDADE PARA AS PRAIAS DE COVAS E AREA
O Concello de Viveiro
recolleu nun acto celebrado en Santiago a Q de Calidade das praias de Area e
Covas, un distintivo de recoñecido prestixio que avala a calidade das súas
augas e os servizos prestados.
A praia de Area ten unha
lonxitude de 1.200 metros de area branca e de oleaxe tranquilo, con forma
rectilínea e un conxunto dunar de grande interese paisaxístico.
O areal urbano de Covas, pola
súa parte, conta con case 2.000 metros de lonxitude. Unha praia urbana complementada
polo paseo marítimo.
No acto participou en
representación do Concello de Viveiro a concelleira de Turismo, Marisol Rey,
que destacou “a calidade dos distintos areais existentes no noso municipio, o
turismo de natureza e praia é un piar fundamental para nós”.
Comentarios
Publicar un comentario