100.000 Peregrinos no camiño portugués da costa

 


O Camiño Portugués da Costa alcanzou a emblemática cifra de 100.000 peregrinos en 2026 tras experimentar o maior incremento das rutas xacobeas nestes dez primeiros meses do ano. A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, celebrou o fito e destacou a afluencia de camiñantes á cidade e a importancia que ten para a economía local.

“É unha cifra estratosférica, un 25% máis que en 2025, cando houbo 90.000 peregrinos, pero o dato real é moito maior, posto que hai centos que non recollen a súa acreditación no Bispado de Santiago”, sinalou. Ortiz engadiu que “as estatísticas dan unha idea da importancia que ten o paso dos peregrinos por Vigo e a riqueza que supón para a nosa cidade”.

Segundo reflicten os números da Oficina do Peregrino, a día de hoxe recolleron a compostela un total de 100.209 peregrinos, moi por encima dos 89.503 de todo o 2025. Ademais, o de setembro de 2026 foi o mes de maior afluencia da serie histórica con 20.281. Por detrás, maio de este ano con 18.455, seguidos de setembro de 2025 con 16.071 e maio do mesmo ano con 15.225.

 

En cuanto á procedencia das persoas que realizan o Camiño da Costa, xa pasaron pola cidade, sempre segundo a Oficina do Peregrino, un total de 18.301 españois. Por detrás, estadounidenses (12.095), italianos (10.655), alemáns (9.074), polacos (5.234), portugueses (4.273), do Reino Unido (3.453), canadenses (2.650) e ucraínos (2.424). En canto á orixe das autonomías dos españois, encabeza o ranking Madrid (4.074), seguida de Andalucía (3.464), Comunidade Valencia (2.050), Castela A Mancha (1.659) e Cataluña (1.629). 

 

Respecto do punto de partida dos peregrinos, os primeiros lugares na listaxe son Oporto pola Costa (26.044), Vigo (24.787) e Oporto por Tui (22.196). Xa a moita distancia, Baiona (11.201), A Guarda (3.444) e Viana do Castelo (2.794).


Comentarios

Entradas populares de este blog

Comenzó la Running for Ourense 2023 con seis carreras por los barrios de la ciudad y un trail inédito de Oira a San Tomé

El CELGA da un paso adelante en su proceso de evaluación: Las pruebas se realizarán en Santiago y Ponferrada de forma simultánea a partir del 13 de mayo.

El regreso de Cabos Sotos: Una oportunidad para resolver dudas sobre la escena musical de la ciudad y mostrar las actividades artísticas locales.