La Xunta trabaja en la promoción de la salud mental en la adolescencia con una nueva jornada formativa para los centros escolares

 


A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, acompañada da subdirectora xeral de Atención á Saúde Mental do Servizo Galego de Saúde, Almudena Díaz, inaugurou hoxe unha nova xornada formativa de implementación do Programa YAM (Youth Aware of Mental Health) nos centros educativos, na que participan expertos na materia como psicólogos clínicos, orientadores e docentes.

 

Durante a inauguración, a directora xeral destacou, coincidindo coa celebración mañá do Día mundial da saúde mental, na importancia de velar polo benestar emocional no sistema educativo, un eido no que a Xunta traballa de xeito integral a través de diferentes propostas, como este programa.

 

Pola súa banda, a subdirectora xeral de Atención á Saúde Mental do Servizo Galego de Saúde, Almudena Díaz, lembrou a importancia do recoñecemento outorgado á Xunta polo proxecto YAM, elixido unha das 12 mellores iniciativas europeas pola promoción da saúde mental en estudantes. A elección chegou tras obter uns resultados sobresaíntes na avaliación de expertos e un forte apoio da votación pública. A propia subdirectora xeral presentou a iniciativa esta semana no Foro de Innovación Social 2026, organizado polo Centro Europeo de Competencia para a Innovación Social, en Bruxelas.

O Proxecto YAM é un programa de prevención do suicidio dirixido ao alumnado de 3º de Educación Secundaria, recoñecido polas recomendacións da OMS e Save the Children como o modelo de intervención máis eficaz. O seu obxectivo é reducir as condutas suicidas e ampliar os recursos do Plan de Prevención do Suicidio en Galicia.

Deste xeito, o Goberno galego segue a traballar na promoción da saúde mental na infancia e a prevención do suicidio na mocidade galega a través desta iniciativa colaborativa entre as Consellería de Sanidade e de Educación, Ciencia, Universidades e FP, que está cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa FSE+ de Galicia 2021

Comentarios

Entradas populares de este blog

Comenzó la Running for Ourense 2023 con seis carreras por los barrios de la ciudad y un trail inédito de Oira a San Tomé

El CELGA da un paso adelante en su proceso de evaluación: Las pruebas se realizarán en Santiago y Ponferrada de forma simultánea a partir del 13 de mayo.

El regreso de Cabos Sotos: Una oportunidad para resolver dudas sobre la escena musical de la ciudad y mostrar las actividades artísticas locales.