Luisa Sánchez insta a Caballero a rebaixar as taxas e os impostos municipais para minorar o impacto do incremento do coste da vida para os vigueses

 


A presidenta do Partido Popular de Vigo, Luisa Sánchez, instou ao goberno local a anunciar unha rebaixa das taxas e dos impostos municipais para “minorar o impacto do incremento do coste da vida para os vigueses”. “Fronte a un escenario de escalada dos prezos, Caballero ten que demostrar se está realmente cos vigueses ou contra eles. Por iso demandamos que as ordenanzas fiscais para o vindeiro ano, que aínda non ten presentado, recollan unha baixada para minorar o impacto da inflación nos petos dos vigueses. Nin sequera unha conxelación sería suficiente”, apuntou.

 

A líder local do PP recordou que fai tres semanas que o alcalde socialista anunciou as liñas mestras do orzamento municipal para o próximo 2027, “pero se lle olvidou mencionar o que vai ocorrer cos impostos”.

 

Nos últimos tres anos, precisou Luisa Sánchez, os recibos municipais en Vigo subiron máis dun 12 por cento polo que “non é de recibo que o goberno local propoña novamente unha nova subida insistindo nunha vez máis en darlle ás costas aos vigueses fronte a unha realidade económica cada vez máis difícil”. “A prioridade do señor Caballero non pode ser a de continuar recadando sen ter en conta as crecentes dificultades que teñen as familias para chegar a fin de mes”, afirmou.

 

Entre outros, enumerou o incremento dos prezos nas gasolineiras, nos supermercados, na vivenda e no coste da vida en xeral. “Mentres, o goberno local négase a colaborar, como demostrou co seu rexeitamento á nosa proposta de recuperar a axuda familiar dos 205 euros”, lembrou.

A presidenta do PP de Vigo considera en que hai “marxe” para unha baixada, que se pode aplicar no Imposto de Bens Inmobles (IBI), no imposto de rodaxe ou no IAE, entre outros, tal e como a formación propuxo en “reiteradas ocasións”.

“Os vigueses xa somos os que pagamos os impostos máis altos de toda Galicia mentres este goberno acumula na caixa remanentes millonarios que permitirían aliviar o peto. Ou peor aínda, cando é incapaz de xestionar todo o que recauda”, subliñou.

 

Por iso, Luisa Sánchez considera que “non ten sentido seguir espremendo aos cidadáns se logo o goberno local é incapaz de gastar os cartos en inversión reais para a cidade. Para iso, o diñeiro está mellor nas carteiras dos vigueses, que seguro que o xestionan moito mellor”.

 


Comentarios

Entradas populares de este blog

Comenzó la Running for Ourense 2023 con seis carreras por los barrios de la ciudad y un trail inédito de Oira a San Tomé

El CELGA da un paso adelante en su proceso de evaluación: Las pruebas se realizarán en Santiago y Ponferrada de forma simultánea a partir del 13 de mayo.

El regreso de Cabos Sotos: Una oportunidad para resolver dudas sobre la escena musical de la ciudad y mostrar las actividades artísticas locales.