Luisa Sánchez insta a Caballero a desbloquear a ampliación do Ifevi e ratifica que fará todo o posible para que Vigo avance e supere a parálise

 


A presidenta do Partido Popular de Vigo, Luisa Sánchez, instou a Abel Caballero a desbloquear a ampliación do Ifevi, un proxecto no que está implicada a Xunta e a Deputación, pero que está paralizado “na mesa do alcalde”. “Hoxe conclúe unha nova edición da feira Conxemar e faino superando, un ano máis, as expectativas. Tamén remata coa mesma petición: máis espazo para seguir crecendo”, apuntou.

 

“A organización leva moito tempo agardando por un acordo para ampliar o Ifevi que si existe pero que non frutifica polo bloqueo que protagoniza o mesmo de sempre”, constatou.

 

A líder local do PP lembrou que a Xunta xa investiu 7 millóns de euros para gañar 5.000 metros cadrados no recinto feiral de Vigo, pero a pesar de que está disposta a unha nova ampliación, o acordo para levala a cabo “está parado onde sempre”. “Está parado na mesa do alcalde. Bloqueado como todo o que implica colaborar con outras administracións nesta cidade: o centro de asociacionismo, o túnel de Elduayen, o túnel de Beiramar, a reforma das pistas de atletismo, os convenios coa Deputación de Pontevedra...”, enumerou.

 

A Xunta demostrou “a súa aposta polo futuro do Ifevi e polo diálogo”, apuntou Luisa Sánchez, que ratificou que, pola súa banda, “a Deputación de Pontevedra aceptou saír do padroado para dar cabida a Zona Franca se con iso se alcanzaba un acordo”.

 

De feito, apuntou que ambas administracións aceptaron todas as demandas de Caballero a pesar de saber que el “está retrasando caprichosamente” a expansión do Ifevi. “Pediu que entrase Zona Franca no padroado e se lle dixo que de acordo. Logo pediu unha nova taxación e se lle dixo que vale. E logo cando non soubo que mais esixir para seguir paralizando o acordo, simplemente chegou o silencio. Aparcou o acordo nalgunha esquina da súa mesa e aí segue. Os feitos evidencian a súa nula vontade de colaboración e, como se adoita dicir: se hai un que pon problemas, o máis probable é que el sexa o problema”, resumiu.

 

Por iso, a presidenta local do PP insistiu en que aínda que sexa “un asunto partidista para o alcalde que forma parte da estratexia de confrontación política, se é o único motivo que impide que Caballero desbloquee a ampliación do recinto feiral, a Deputación farase a un lado e renunciará ao padroado se con iso se beneficia a esta cidade e á súa economía”.

 

A líder local do PP apuntou que esta situación “é unha proba máis de que Vigo necesita un cambio ao fronte da alcaldía”. “Son demasiados os proxectos paralizados e demasiados os danos que está causando un goberno incapaz de xestionar, de alcanzar acordos e cunha visión tan limitada da nosa cidade, que está chamada a ser moito máis”, concluíu.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Comenzó la Running for Ourense 2023 con seis carreras por los barrios de la ciudad y un trail inédito de Oira a San Tomé

El CELGA da un paso adelante en su proceso de evaluación: Las pruebas se realizarán en Santiago y Ponferrada de forma simultánea a partir del 13 de mayo.

El regreso de Cabos Sotos: Una oportunidad para resolver dudas sobre la escena musical de la ciudad y mostrar las actividades artísticas locales.